martes, 20 de mayo de 2008

Espazos Sonoros

Se importante é a música tamén o é o espazo que a reviste o que nos devolve os sons transformados a través das arestas das bóvedas, do tacto da pedra e da madeira das vigas e da historia dos lenzos. Nesta idea da conexión entre a música e as arquitecturas, o ciclo, baixo o nome de Espazos Sonoros, nace coa intención de vencellar dous aspectos fundamentais. Por unha parte, a creación dunha marca para a presentación de programacións estables de música clásica e outros estilos de música contemporánea e experimental. Por outra, a posta en valor dunha parte do noso patrimonio histórico, mediante a celebración destes concertos en espazos de interese desde o punto de vista arquitectónico, artístico ou cultural.
Espazos Sonoros engloba cinco ámbitos temáticos adicados respectivamente á música de órgano, música vocal, música antiga, música de cámara e un quinto ciclo titulado outros sons, adicado a repasar algunhas propostas relacionadas coa música desde outros puntos de vista abertos á investigación e a reflexión sonora. Tódolos Conciertos son gratuítos.
Hoxe Martes 20 de Maio ás 21:00 horas actúa Huun huur tu na Igrexa da Universidade (Santiago de Compostela). Calendario de concertos.
.
Imagen

No hay comentarios: