A Concellería pon á disposición dos vilagarciáns un catamarán para a participar na Ruta Xacobea. Os vilagarciáns que desexen participar o domingo, 20 de xullo, no XXIV "Remonte do Río Ulla" terán a posibilidade de facelo de xeito gratuíto a bordo do catamarán contratado pola Concellería de Turismo. O número de prazas dispoñibles é de 120 e os interesados terán que retirar previamente a correspondente invitación.O reparto das invitacións realizarase o venres, 18 de xullo no Salón de Plenos do Concello, situado na planta baixa (entrando pola Policía Local). O horario de recollida das mesmas será de 9:00 a 14:00 horas e iranse entregando ata esgotarse e cun máximo de dúas invitacións por persoa.O catamarán partirá ás 15:00 horas do domingo do Peirao de Pasaxeiros co obxectivo de reunirse á altura de Cortegada coas embarcacións que procedentes do peirao de Riveira, municipio do que este ano parte o Remonte do Ulla e onde se concentrarán as autoridades. Tamén nese punto se concentrarán as restantes embarcacións que saen doutros municipios, para iniciar “La traslatio” ao redor das catro da tarde. O Remonte rematará en Pontecesures, onde se celebrarán diversos actos festivos antes de que as embarcacións emprendan o regreso aos seus respectivos portos de partida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario