domingo, 3 de agosto de 2008

Cuspedrinos existe



Cuspedriños e un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cotobade. A súa poboación no ano 2006 era de 102 persoas (49 homes e 53 mulleres). Ten unha preciosa carballeira, onde está a capela da Virxe do Carme, e un peto de ánimas de 1806, feito por advocación de Ramón Savorido e da súa muller Vicenta Lois. Este domingo foi a rapa das bestas en Cuspe, a gozamos, sobre todo os rapaces da familia, houbo algún que fixo o propósito de aforrar moito diñeiro, para mercar un cabalo o ano que ven, desta vez non me olvidei de cargar a cámara, vaia chafada cando o sábado non puiden facer as fotos da regata do Bao, pero que ven o pasamos, así desta maneira teño disculpa para voltar o ano que ven. Foi xenial, a comida deliciosa (no chiringuito da praia), a compaña, a saída das dornas unha chulada, ata emocionante, o día foi perfecto, os ferraris (como chama o profe de vela de Jacobo o seu barco) volaban, e os que se deron o chapuzón nesa auga transparente, un luxo, non fixeron mais que restregárnolo (perdoade o galego).

No hay comentarios: