Oito editoriais Galegas pertencentes a asociación Galega de Editores e Política Lingüistica promocionarán o Galego nos diferentes concellos. As editoriais organizarán actividades nos diferentes colexios de Galicia no horario escolar e nos fins de semana coa colaboración das familias.
Haberá obradoiros de graffitti para nenos de 12 e 14 anos a cargo da editorial A Nosa Terra, contacontos organizados polas editoriais Baía Edicións e Sotelo Blanco, teatro da man da editorial Galaxia, Kalandraka e Oqo cantarán e contarán os seus contos, una iniciativa que vai dirixida a nenos de 4 a 11 anos e virán visitarnos a Vilagarcía do 10 ao 26 de novembro na Biblioteca Pública Rosalía de Castro. Aqí tedes as direccións dalgunhas editorias que publican nas súas páxinas as datas das actividades: http://xerais.wordpress.com/, http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=740, http://www.kalandraka.com/index2.php?seccion=noticia.php&id_noticia=49&id_cat=4.
No hay comentarios:
Publicar un comentario