jueves, 2 de octubre de 2008

Xosé Luís Martínez Pereiro gaña o III Premio Repsol YPF de Narrativa Breve con "A verdade como mal menor"
(24/09/2008) Xosé Luís Martínez Pereiro (A Coruña, 1959) narrador, dramaturgo e debuxante humorístico, é o novo gañador do III Premio Repsol YPF de Narrativa Breve en lingua galega. O autor presentou a obra "A verdade como mal menor" a un certame que está galardoado con 9.000 euros e que na anterior edición gañara a escritora Anxos Sumai con "Así nacen as baleas". O libro sairá publicado proximamente na Editorial Galaxia. Este escritor xa gañara con anterioridade outro premio recoñecido, o III Certame de Literatura Fantástica "Risco", que convoca o Concello de Ourense en colaboración coa Fundación Vicente Risco e a Editorial Sotelo Blanco. A obra presentada nesa ocasión titulábase "A embaixada do vinagre".

No hay comentarios: